Profesorado

Materias

Horarios

Formación de calidade

A nosa equipa está formada por licenciados en arte dramática e por profesionais de refutada experiencia.

Formación para todas as idades, máis abaixo hai unha breve descrición das materias.

 

Infantís:

  • Píccolo (>5 <9)
  • Mezzo (>9 <13)
  • Premium (>13<18)

Adultos:

  • Interpretación I,II e III
  • Teatro de obxectos
  • Dirección
  • Produción

Outras (>16):

  • Caracterización
  • Actividades Circenses
  • Monográficos

Novidade!

Luns

Premium (14-17)

de 18:30 a 20h.

 

Aula Libre

20:30h a 22h

Mércores

Mezzo (10-13)

de 18h a 19:30

 

Interpretación II

de 20:30h a 22:30h

 

Martes

Picolo (5-9)

de 18h a 19:30h

 

Interpretación I

de 20h a 22h

Xoves

Aula Libre

18:30h a 20h

 

Teatro Comunitario

de 21:00h a 23h

Interpretación I, II e III

Grupos infantís

Tres materias que son unha soa en distintos niveis, por iso é necesario superar a primeira para chegar á seguinte. Entre os temas que se tratan nos cursos destacan:

Control postural

Vogalización

Expresión

Expresividade

Movemento

Control espacial

Escoita activa

Dramaturxia activa

Comprensión de textos

Interpretación

Deshinibición

Pero hai moitos outros temas que non destacamos como a diversión, o compañerismo, o compromiso, a complicidade e un longo etcétera do que só se pode saber probando unha clase de balde.

Estes tres grupos divídense por idades, a partires dos 5 anos comezan a ter conciencia do xogo con obxectivos e a ter a concentración necesaria para poderen acadar os obxectivos, como:

Coñecer o seu corpo

Deshinibición

Coñecer o espazo teatral

Coñecer as especialidades artísticas que compoñen unha obra de teatro

Montar unha obra de teatro

Relación entre a escrita, a lectura e o xogo actoral

Romper as barreiras entre traballo e entretenemento

Para acadar estes obxectivos destacados valémonos de xogos e actividades artísticas (dende a pintura ata a escritura) adaptados a cada grupo de idade.

Aula Libre

Cursos Técnicos

Só exercizos teatrais, sen o compromiso dunha función a final de curso, e ademais os contidos deste curso páctanse en función da demanda do alumnado asistente.

Dende improvisación ata interpretación ante a cámara pasando por circo ou dramaturxia, ti escolles!

Os cursos técnicos convócanse a partir de xaneiro e profundizan en técnicas arredor das necesidades dunha obra de teatro, como a iluminación, o son, a maquillaxe ou o audiovisual. Atenta a partir de xaneiro! E se estás interesada en máis información achégate á sala e pregunta para reservar a túa praza.

Matrícula en liña

Matrícula en liña

Rúa Pérez Leirós, 3

correo-e

986 331 622

@xerpo

vcard