tecnoteatro

Continúa cara abaixo

Inspirada no clásico de Kafka, MetamorfoseS fala da conexión entre ser humano e máquina dun xeito social, hipotetizando a seguinte iteración da evolución humana nun futuro conxunto entre persoas e computadores.

Gregor é un programador pechado nun cuarto da casa dos seus pais onde desenvolve a meirande parte do seu traballo, ocio e descanso, é xa un insecto social no seu niño tecnolóxico que se comunica coa súa familia a través de pantallas instaladas no seu cuarto. Pero o seu proxecto de vida é un algoritmo de emulación de pensamento humano que está a probar consigo mesmo.

Nunha das probas, o experimento acada un resultado inesperado e… despois dun sono intranquilo, Gregor Samsa espertou convertido nun monstro.

Inspirada en "A Metamorfose" de Franz Kafka, e nun profundo estudo do evoluir da tecnoloxía, situamos a un Gregor Samsa do futuro nunha contorna que non variou moito, o mundo segue igual e el, coma os grandes e descoñecidos xenios, traballa nun proxecto que pode cambiar a concepción que o ser humano ten de VIDA.

Gregor Samsa é un programador que traballa para unha empresa que abusa dos seus servizos, é un mileurista do que depende toda a súa familia e, no seu tempo libre, traballa nun emulador do pensamento humano que, en teoría, sería capaz de reproducir o pensamento dunha persoa concreta. A falla de financiamento e a curiosidade lévano a probar nas súas carnes a técnica. Así comeza unha obra na que o “monstruoso insecto” da Metamorfose orixinal vese convertido nun insecto social, un incomprendido, un inadaptado.

Máis información

Rúa Pérez Leirós, 3

@xerpo

vcard